logo salinae

Benvidos a Salinae

Centro Arqueológico do Areal

Propoñémosvos realizar un interesante percorrido para coñecer a historia da única salina mariña de evaporación solar conservada e musealizada de todo o Imperio Romano.
Un xacemento que, polo seu excelente estado de conservación, permite entender o funcionamento dunha instalación salineira e como os romanos producían o sal na superficie das cubetas.
A exposición ofrece, ademais, a posibilidade de descubrir o interesante mundo do sal, a súa historia, algúns dos sistemas empregados para a súa obtención e os diferentes usos que os romanos lle deron a este importante produto.

Salinae

logo salinas

Benvidos a Salinae

Centro Arqueológico do Areal

Arqueoloxía na cidade

Unha secuencia fotográfica, acompañada dunha liña do tempo, mostra como se desenvolveu o descubrimento e estudo deste espectacular xacemento romano.

logo fotografia

Benvidos a Salinae

Centro Arqueológico do Areal

Dous mil anos de historia

A través dunha completa secuencia estratigráfica e dos restos materiais atopados nos seus estratos reconstrúese a historia particular do xacemento.

logo fotografia

Benvidos a Salinae

Centro Arqueológico do Areal

O sal da vida

Co sal como fío condutor preséntanse as súas principais propiedades, algúns modos de obtención ao longo da historia e os usos deste mineral na vida cotiá dos romanos.

logo fotografia

Benvidos a Salinae

Centro Arqueológico do Areal

Sal para salgaduras e salsas

Un suxestivo espazo escenográfico explica o xurdimento e desenvolvemento da industria salineira romana en Vigo e o aproveitamento dos recursos pesqueiros.

logo fotografia

Benvidos a Salinae

Centro Arqueológico do Areal

Unha paisaxe reconstruída

Os estudos científicos realizados permitiron reconstruír a paisaxe e o ecosistema que deberon existir nas inmediacións da salina cando estaba en funcionamento.

logo fotografia

Benvidos a Salinae

Centro Arqueológico do Areal

A salina romana

Recuperación e musealización dun espectacular xacemento romano, unha salina de evaporación, en funcionamento durante os séculos I-III d. C., e que se dedicou á produción de sal en grande escala.

logo fotografia

Benvidos a Salinae

Centro Arqueológico do Areal

Historias do sal

Unha selección de receitas romanas presenta os gustos culinarios dos romanos e o uso do sal como ingrediente fundamental en variados pratos

logo fotografia

Benvidos a Salinae

Centro Arqueológico do Areal

O sal despois de Roma

A través dos séculos móstrase a evolución da propiedade e explotación das salinas, a decadencia destas instalacións e o xurdimento da industria.


plano

Enderezo

Rúa Rosalía de Castro n.º 21-23 // C. P. 36201 Vigo (Pontevedra)
Ruta en GPS

Teléfono para concertar visitas

986 24 76 91
A visita ao Centro Arqueolóxico está adaptada a persoas con problemas de mobilidade

Horario de apertura

  • de martes a venres: de 10h a 14h
  • Sábados: de 11h a 14h e de 17h a 20h
  • Domingos: de 11 a 14h
logos