O Croque aspira a se converter en punto de encontro gastronómico dos produtos do mar de Galicia e a se valer do excepcional do lugar para poñelos en valor a través dunha coidada gastronomía.
Na oferta do restaurante conviven pratos da cociña das avoas con pratos máis innovadores. Ademais, o restaurante, como un servizo máis do museo, completará a oferta cultural desde un punto de vista gastronómico acompañando as exposicións temporais con menús específicos.
| Pechado | domingo noite e luns |
| Horario | 13:30 h-16:00 h |
| 20:30 h-23:00 h (venres e sábado ata 23:30 h) | |
| Teléfono | 986247693 |
Avenida Atlántida 160. 36208 Vigo.
T 986247750
F 986247748
Contacto | Traballa con nós | Amigos do Museo do Mar