• gl



Xornadas de Patrimonio Industrial

O obxectivo das xornadas é reunir ás persoas e institucións interesadas no patrimonio industrial, coñecer o estado da cuestión nos seus problemas de conservación, datación, inventarios e preservación; a xestión de museos industriais e técnicos; a consideración do patrimonio industrial coa paisaxe; a expresión das relacións simbólicas de produción nas fábricas e nas empresas, con experiencias das diferentes comunidades autónomas e establecer criterios, metodoloxías de intervención e liñas de actuación en boas prácticas para a posta en valor do patrimonio histórico industrial.

As xornadas de traballo organízanse ao redor de catro grandes temas (patrimonio moble e museos industriais e técnicos, inventarios, paisaxes industriais e paisaxes culturais, as culturas e os mundos do traballo) que centrarán a preocupación e o propósito dos investigadores e dos xestores sobre o estado da cuestión do diverso e valioso patrimonio industrial nos lugares, sitios e paisaxes da xeografía española.

Máis información.


Xunta de Galicia

Museo do Mar de Galicia

Avenida Atlántida 160. 36208 Vigo.
T 986247750
F 986247748
Contacto | Traballa con nós | Amigos do Museo do Mar