Un planetario no Museo do Mar de Galicia

O venres día 7 e o sábado 8 instalarase no museo un planetario portátil que desenvolverá catro sesións (dúas cada día) dunha hora de duración en horario de 20.30 a 21.30 h. e 22.00 a 23.00 h.

Contidos da actividade

Poderemos recoñecer os planetas, as constelacións, as estrelas máis brillantes, observar as traxectorias do sol e da Terra no espazo e coñecer as respotas a preguntas como estas: Como se orixinou o Universo? Que son as choivas de estrelas? Por que Plutón non é un planeta? Como é a nosa galaxia, a Vía Láctea? Existen outros planetas aptos para a vida? Como podemos ver os planetas sen un telescopio? Como naceron o Sol e os planetas? Cal será o seu final? Onde está a Estrela Polar? Que son as constelacións do zodíaco? Cando podrémos ver un eclipse total de Sol?

Que é un planetario portátil?

É un aparato que consta de dúas partes diferentes. Por unha banda, unha cúpula hinchable de 3 metros de altura que ocupa unha superficie de 6×7 metros. Por outra, un proxector capaz de reproducir as posicións exactas de miles de estrelas e as súas diferenzas de brillo reais, proxectándoas na cara interior da cúpula, simulando de forma extremadamente realista o ceo nocturno, así como outros fenómenos, como a rotación da Terra. O proxector principal acompáñase doutros que serven para visualizar efectos especiais de todo tipo, ademais de todas as constelaciones entre as estrelas, mediante debuxos realistas de vivas cores. O espectáculo compleméntase con imaxes seleccionadas e deseñadas ad hoc para apoiar a explicación e o entendemento destas materias, así como de viaxes dixitais entre os planetas e outros efectos singulares como a aparición no ceo nocturno de estrelas fugaces.

Os contidos foron elaborados por astrofísicos especialistas en educación e divulgación da ciencia procedentes do Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía.


Xunta de Galicia

Museo do Mar de Galicia

Avenida Atlántida 160. 36208 Vigo.
T 986247750
F 986247748
Contacto | Traballa con nós | Amigos do Museo do Mar