O grupo Roto e Descosido presenta Teatro científico: Ciencia sen palabras. A obra abrangue unha sucesión de experimentos científicos ou demostracións de algún concepto da ciencia que son realizados por dúas personaxes, un profesor científico con toga e birrete e o seu compañeiro, burlón, pasota e un chisco toupón. A ciencia require estudio, esforzo e coñecemento, e a recompensa (non necesariamente monetaria!) pode ser moi grande para as persoas que se chegan a ela.
É unha representación teatral sen palabras, dirixida a todos os públicos, adaptándose o guión ás diferentes idades. A ciencia pode chegar a nós tamén sen comunicación verbal. Neste caso só coa imaxe. Non só é unha aposta por desvincular as explicacións e a transmisión da ciencia da linguaxe oral, senón potenciar a capacidade de observación, da simple observación que nos leve a profundar na explicación científica do que estamos a ver. E tamén pretende chegar a colectivos —coma o dos xordos— que non teñen as mesmas posibilidades de comunicación que o resta da sociedade. Procuramos ademais transmitir a todos os públicos o espírito e o traballo científico, mostrando que a ciencia pode ser divertida ainda que require estudio, esforzo e coñecemento.
Auditorio do Museo do Mar
Sábado 15 de novembro, as 18:00 h.
Domingo 16 de novembro, as 12 h.
Avenida Atlántida 160. 36208 Vigo.
T 986247750
F 986247748
Contacto | Traballa con nós | Amigos do Museo do Mar