Dende o martes 18 ao venres 21 de agosto desenvolveranse no Museo do Mar de Galicia os últimos obradoiros programados para este verán que terán lugar no propio museo e no Centro Arqueolóxico do Areal Salinae. “Era unha vez… dous mil anos atrás”, dirixido a rapaces de entre 5 a 7 anos e combina o lúdico con contidos formativos sobre a antigüidade dirixidos aos cativos.
Como novidade, esta semana presentase o conxunto de obradoiros científicos “de viaxe co Capitán Nemo”, para rapaces entre os 11 e os 14 anos. O propósito é que os asistentes á actividade poidan comportarse como investigadores a través de experiencias sinxelas enfocadas a varios campos do coñecemento científico. A intención é recoller o espírito do protagonista das novelas de Julio Verne para achegarse ao mundo da ciencia dende perspectivas diferentes. O capitán Nemo é un persoaxe singular dentro da literatura de descubrimentos e exploracións do século XIX. Un home adiantado ao seu tempo capaz de ver ata onde chegarían as aventuras ligadas ao descubrimento dos lugares escondidos do noso planeta da man da tecnoloxía máis sofisticada. Para un Museo como o do Mar tomar o nome deste persoaxe é unha eleción casi obrigada para auspiciar estes obradoiros nos que se entrecruzan investigación, aprendizaxe, descubrimento e ese algo indefinible que leva ao ser humano a preguntarse constantemente polos misterios do mundo no que vive e a tomar a decisión de descifralos da man da razón.
Cal é a consecuencia da profundidade. Como pode facer o home para mergullarse sen perigo. Cales son os riscos. Os efectos da presión sobre ose seres vivos. As condicións de temperatura e luminosidade. Os nutrientes. Formas de vida a gran profundidade. Os submarinos.
Que é a presión atmosférica. Consecuencias sobre a vida na superficie. Evidencias experimentais. Xogando coa presión atmosférica.
Qué e a enerxía e cal é o seu papel nas nosas vidas. Como se produce. Cales son súas consecuencias do seu uso. Como podemos reducir o consumo de enerxía e o impacto deste. Fontes de enerxía tradicionais e alternativas.
Estudio da composición química dos océanos. Factores que inflúen nela. Importancia para a vida mariña desa composición. Salinidade, pH, nutrientes: estudio destas características. Efectos do cambio climático sobre os océanos e os seres vivos neles.
Avenida Atlántida 160. 36208 Vigo.
T 986247750
F 986247748
Contacto | Traballa con nós | Amigos do Museo do Mar