• gl

Enseada de San-Simón en Soutoxuste


Presentación de E Miraremos Las Ondas

Hoxe as 11:00 no Museo do Mar de Galicia a Conselleira de Cultura e Deportes dona Anxela Bugallo presentou unha actividade pioneira, a travesía comentada entre o Museo e a Illa de San Simón, salientando os principais fitos históricos e naturais da ría de Vigo, xunto cunha visita guiada na propia illa.

Hoxe as 11:00 no Museo do Mar de Galicia a Conselleira de Cultura e Deportes dona Anxela Bugallo presentou unha actividade pioneira froito da colaboración entre a Fundación Illa de San Simón e o Museo do Mar de Galicia consistente nunha travesía comentada entre o Museo e a Illa de San Simón, salientando os principais fitos históricos e naturais da ría de Vigo, xunto cunha visita guiada na propia illa.

As viaxes partirán nun barco atracado no peirao do Museo os domingos 12, 19  e 26 de outubro, e o 2 e 9 de novembro. Haberá dúas quendas cada domingo: unha primeira ás 10 da mañá, e outra pola tarde, partindo ás 16.00 h. A duración de cada unha será de catro horas en total, divididas en dúas horas de navegación comentada —unha de ida e outra de volta— e outras dúas horas de percorrido pola illa. Os viaxeiros recibirán unha guía e unha explicación por parte de persoal especializado, que axudarán a facer unha interpretación do espazo natural e histórico da ría e da illa.

Dende o punto de vista do Museo do Mar, este acordo coa Fundación Illa de San Simón encádrase na estratexia de desenvolver constantemente actividades que fagan do Museo do Mar un ente vivo e dinámico, en permanente diálogo cos seus visitantes, máis alá do atractivo da súa exposición permanente.

É necesario facer reserva previa mediante:


Xunta de Galicia

Museo do Mar de Galicia

Avenida Atlántida 160. 36208 Vigo.
T 986247750
F 986247748
Contacto | Traballa con nós | Amigos do Museo do Mar