Oferta pedagóxica 2009-10



Oferta pedagóxica do curso 2009-10

Desde o Museo do Mar de Galicia queremos convidar á comunidade educativa, de Educación Infantil ata Bacharelato, a participar nas actividades pedagóxicas que vimos desenvolvendo dende a apertura do museo hai xa sete anos. Na actualidade inclúense tamén na oferta as actividades desenvolvidas no Centro Arqueolóxico do Areal «Salinae», as únicas salinas romanas de evaporación conservadas do antigo Imperio Romano.

A oferta pedagóxica do curso 2009-2010 é a que segue:

  1. Visita xeral grupos de 50 alumnos (1.45 h)
    Vertébrase a partir de dous eixos principais: A pesca en Galicia (Historia, embarcacións, aparellos, industria…) e a Oceanografía (estudio dos fondos oceánicos, os movementos mariños, a vida no mar….)
  2. Visitas didácticas á carta ( visita + obradoiro) grupos de 30 alumnos (1.45 h)
    1. A pesca da sardiña
    2. Cultivando o mar (Acuicultura)
    3. Visita ao Acuario. Ecosistemas das rías
    4. Pescando nos oceános (Pesca de altura)
    5. Xacementos arqueolóxicos na costa.
  3. Visitas á exposición de Darwin. grupos de 30 alumnos (1.30 h)
  4. Centro Arqueolóxico do Areal «Salinae» grupos de 25 alumnos (1.30 h)
    Ubicado na rúa Rosalía de Castro de Vigo, este xacemento excepcionalmente conservado permite entender o funcionamento dunha instalación salineira romana e a importancia do sal nese momento histórico.

Dende este ano queremos convidar aos profesores/as a facer unha visita previa ás actividades con alumnos e a reunirse co equipo pedagóxico que as levará a cabo. Estes encontros serán o 2º mércores de cada mes ás 18 h. previa concertación.

Para participar nas actividades deberá reservarse no teléfono 986 247 691 de luns a venres en horario de 10:00 a 14:00 horas ou a través do correo electrónico.


Xunta de Galicia

Museo do Mar de Galicia

Avenida Atlántida 160. 36208 Vigo.
T 986247750
F 986247748
Contacto | Traballa con nós | Amigos do Museo do Mar