A exposición “Navegando no Beagle, Darwin”, unha produción exclusiva do Museo do Mar de Galicia, contará dende o día 19 de decembro con obradoiros infantís e xuvenís en horario de lecer. As actividades dirixidas a rapaces e rapazas de entre 5 e 14 anos complementan a programación para os grupos escolares. Descargar PDF.
Esta mostra de divulgación científica ten acadado un grande éxito entre a comunidade escolar, o que obrigou a crear un doble turno de visita para poder facer fronte á demanda.
Os obradoiros, centrados na figura de Darwin, na súa viaxe e na teoría da evolución por selección natural, terán continuidade máis alá do Nadal durante as fins de semana ata que remate a mostra.
Diversión, creación e ciencia mistúranse nunhas completas actividades nas que os rapaces disfrutarán aprendendo nocións de bioloxía, historia natural e xeografía.
Os participantes terán a oportunidade de realizar unha visita á exposición adaptada ás súas idades na que serán algo máis que visitantes do museo. Por engadidura realizaranse experiencias de obradoiro e ao aire libre.
Pero para coñecer a Darwin hai que ir máis alá, coñecer a época na que viviu, os seus costumes, os animales que estudiou, asi que os máis pequenos adentraranse no universo darwiniano a través da confección de personaxes cos que farán representacións e da clasificación das especies.
A predicción meteorolóxica e a cartografía serán algúns dos temas que desenvolvere- mos nestas xornadas.
NAVEGANDO NO BEAGLE NADAL
NAVEGANDO NO BEAGLE FIN DE SEMANA
A inscrición debe realizarse previamente a través do teléfono *986 247 750*en horario de 10h a 14h de martes a domingo, ou acudindo directamente ao museo, até cubrir prazas. Todos os obradoiros son GRATUITOS.
Avenida Atlántida 160. 36208 Vigo.
T 986247750
F 986247748
Contacto | Traballa con nós | Amigos do Museo do Mar