• gl

Enredando no Nadal


Obradoiros «Enredando no Nadal»

Este Nadal o Museo do Mar de Galicia convida aos rapaces e rapazas a participar nos obradoiros Enredando no Nadal. Desenvolverase por todo o Museo (Exposición permanente, exposición Marxinal e Acuario) e mesmo visitando os fins de semana o restaurante do Museo onde se levará a cabo un obradoiro gastronómico. As actividades están adaptadas a tres grupos de idade (5-7 anos; 8-12 anos; e 12-14 anos).

Este Nadal o Museo do Mar de Galicia convida aos rapaces e rapazas a participar nos obradoiros Enredando no Nadal.

Enredando no Nadal desenvolverase por todo o Museo (Exposición permanente, exposición Marxinal e Acuario) e mesmo visitando os fins de semana o restaurante do Museo onde se levará a cabo un obradoiro gastronómico. As actividades están adaptadas a tres grupos de idade (5-7 anos; 8-12 anos; e 12-14 anos).

Como gran atractivo dos Obradoiros, o día 30 de Decembro, a artista Rebeca Ponte, cuxa instalación O espellismo Mariño está a ser exhibida dentro da mostra Marxinal, fará un obradoiro onde os nenos poderán aprender da súa man as técnicas que ela utilizou para desenvolver a súa obra.

Os participantes

Cada día poderán participar un máximo de 30 nen@s. As actividades están destinadas a nen@s de 5 anos en adiante.

Custo das actividades

Todos os obradoiros son gratuitos, excepto os gastronómicos que terán un custo de 10 euros.

Os país deberán deixar os datos e un número de contacto da persoa responsable dos nenos. Asemade deberán avisar das alerxías e intolerancias alimentarias conforme a o formulario de inscrición.

Datas

  • Enredando no Nadal: 23, 24, 26, 30, 31 de decembro e o 2 de xaneiro,10.30h-13.30h
  • Obradoiro gastronómico: 27 e 28 de decembro, 3 e 4 de xaneiro, 11:00h-13:30h

Inscrición

Co obxecto de facilitar ao máximo a participación, a inscrición pode realizarse a través do teléfono do gabinete pedagóxico, no formulario nesta mesma páxina web ou de xeito presencial ata completar o límite de 30 participantes.

  • Teléfono: 986 24 77 50 de martes a domingo de 10-14h 17-20h
  • presencial: directamente ata completar o cupo

Formulario de inscrición

Participante












Data na que desexa participar





Persoa responsable
















Obradoiros

  • Xincana: Descobre o Museo a través dun xogo de pistas.
  • Enredando co Mar: Síntete oceanógrafo levando a cabo experiencias de oceanografía física e química.
  • Enredando coas Redes: Aprende a facer redes e nós cunha redeira e un mariñeiro.
  • Enredando cos Peixes: Coñece as especies mariñas da ría no acuario.
  • Enredando na Praia: A praia un tesouro. Cconstrúe móbiles a partir de elementos recollidos na praia.
  • Enredando no Restaurante: Descobre os sabores e gustos da cociña con Celia. Faite cociñeiro no Nadal.
  • Enredando con Rebeca Ponte: Faite artista con Rebeca Ponte, que explicará as técnicas utilizadas para facer a súa instalación.
  • Enredando cos Faros: Constrúe faros de cartón aplicando as técnicas aprendidas con Rebeca Ponte.
  • Enredando co Abisal: Mergúllate nas profundidades do mar e crea peixes abisais mediante técnica de modelado.

Nota

Haberá un tempo destinado á merenda que os participantes poderán traer da
casa.


Xunta de Galicia

Museo do Mar de Galicia

Avenida Atlántida 160. 36208 Vigo.
T 986247750
F 986247748
Contacto | Traballa con nós | Amigos do Museo do Mar