O Museo do Mar de Galicia volve abrir as súas portas a todos os nenos/as de idades comprendidas entre os 5 e os 14 anos cos Obradoiros de Verán.
Para este ano temos preparadas multitude de actividades diferentes. Gozaremos sendo exploradores, mariñeiros, científicos, arqueólogos, astrónomos… para cada obradoiro contaremos cunha semana completa na que coñecer o museo e o seu contorno e divertirse coas actividades que temos preparadas.
Non esquezades traer o bañador, a gorra, o protector solar, a toalla e o bocata!
Velaí os obradoiros e os grupos de idades aos que van dirixidos, así como as datas en que se celebrará cada un deles (tamén en PDF):
| 14-17 xullo | 21-24 xullo | 28-3 1xullo | 4-7 agosto | 11-14 agosto | 18-21 agosto | |
| 5 a 7 anos | Arqueoloxía1 Era unha vez… dous mil anos atrás | Medio ambiente Na beira do mar… | Embarcacións tradicionais Boga, boga, mariñeiro | Arqueoloxía1 Era unha vez… dous mil anos atrás | ||
| 8 a 10 anos | Arqueoloxía1 Era unha vez… dous mil anos atrás | Embarcacións tradicionais Boga, boga mariñeiro | Cómic Vaia viñeta!! | Medio ambiente Na beira do mar… | ||
| 11 a 14 anos | Acuicultura Granxeiros do mar | Astronomía O ceo, instrucións para entendelo1 | Cómic Vaia viñeta!! | Obradoiros científicos De viaxe co capitán Nemo |
1 Terán lugar en Salinae, Centro arqueolóxico do Areal (2 días) e no Museo do Mar de Galicia (2 días)
De 10.30 a 13.30h.