• gl

Liña de Sal


O Museo do Mar celebra o día internacional dos museos recreando o antigo cliclo do sal en Vigo

O recinto museístico de Alcabre organiza Liña de sal, un percorrido pola cidade onde se poderán ver todos os antigos procesos de producción e usos do sal. Nas diferentes paradas poderase disfrutar de espectáculos coma danza, música e contacontos. Haberá tamén un menú especial no Restaurante.

O 18 de maio celébrase o Día Internacional dos Museos e, con tal motivo, o Museo do Mar de Galicia organiza o vindeiro domingo, 17 de maio, unha rota con diferentes actos lúdicos e culturais baixo o nome Liña de Sal, e que trata de amosar ao público xeral os antigos procesos de producción e usos do sal en Vigo.

Seguindo as directrices do Consello Internacional dos Museos, miles de institucións de todos os continentes van celebrar actos a prol dun Turismo Cultural Sostible, demostrando cómo o patrimonio cultural pode contribuir ao establecemento de novas relacións beneficiosas entre os turistas e as comunidades locais. Seguindo esta idea, o Museo do Mar propón, a través de diferentes actividades musicais e teatrais, un percorrido onde se recreará o proceso de producción, transporte, comercialización e utilización do sal en Vigo. O programa conta coa colaboración da Tenencia de Alcaldía do Concello de Vigo, a Asociación de Amigos do Museo do Mar e a Asociación de Mariñeiros Artesanais e Deportivos San Miguel de Bouzas.

Empezará no Salinae-Centro Arqueolóxico do Areal e rematará no Museo do Mar de Galicia, pasando por Bouzas. Terá dous pases, un pola mañá (de 11.00h. a 14.30h.) e outro pola tarde (de 17.00h. a 21.00h.).

Dende o xoves estanse a repartir de xeito gratuito en diferentes puntos da cidade pins do proxecto «Liña de Sal» para convidar a participar na celebración.

Aprovéitase a festa dos museos para presentar un Itinerario pola Costa Romana de Vigo, realizado baixo a coordinación do departamento de arqueoloxía do museo. O roteiro está ideado para poder disfrutar dun paseo a pe dende as Salinas ata a Villa de Toralla, pasando polo Museo. Nel os paseantes poderán visualizar “in situ” moitos dos xacementos vinculados á romanización na cidade. A publicación está ilustrada con recreacións dos xacementos máis importantes e mapas de situación da antiga costa e actuais.

Liña da Sal estructúrase nas seguintes actividades:

Benvida a Salinae

En primeiro lugar, ás 11.00h. da mañá comenzará a visita gratuita ao Salinae-Centro Arqueolóxico do Areal, onde equipo de departamento de educación do Museo do Marse presentarán as actividades que levaranse a cabo durante o día. Tamén se fará unha breve descripción das salinas como inicio dun percorrido que terá o seu seguinte paso na Alameda de Bouzas.

Tras entregar un pin e unha bolsiña de sal a cada persoa como agasallo, un autobús turístico gratuito, cedido polo Concello de Vigo e amenizado con músicos, transportará a toda a xente que o precise ata a seguinte parada.

Usos do sal en Bouzas

Ás 11.45h. continuará a segunda etapa na Alameda de Bouzas. Tras unha pequena introdución do Día Internacional dos Museos, se acondicionará un espazo con redes que servirá de escenario para a contacontos Beatriz Campos. A continuación, comezará unha marcha cara a Igrexa con parada na rúa Alfolí, de marcada importancia na vila, xa que era nela onde se situaban, como o seu nome indica, os alfolíes, almacéns de sal da vella vila. Xa na Igrexa, os asistentes poderán disfrutar dun espectáculo de danza.
 
Posteriormente, os participantes que o desexen poderán ir camiñando cara o Museo do Mar. O grupo irá acompañado duns músicos e fará dúas paradas no camiño naqueles puntos onde antigamente existían fábricas de salgazón romanas.

Fin de festa no Museo do Mar

Para rematar, ás 13.30h. pecharase todo o ciclo cun espectáculo final, no que a escenografía será sencillamente un círculo de sal que acote o espacio da actuación. Os encargados de amenizar os espectáculos serán a compañía de danza contemporánea Losdedae, que estréase en Galicia con estas actuacións, a contacontos Beatriz Campos e o grupo de baile Inthecisos. O restaurante do Museo contribuirá a este fin de festa cunha variada oferta gastronómica. Ás 14.30h. estará esperando o autobús de retorno cara a Salinae.
 
Os pases serán pola mañá de 11.00h. a 14.00h., e pola tarde empezarán ás 17.00h. e rematarán ás 21.00h. Pódese variar o programa en caso de mal tempo, xa que nese caso suspenderíase a visita a Bouzas. Adxuntámolo cos diferentes actos e horarios.
 
Aqueles asistentes que queran utilizar o transporte gratuito (autobús turístico) deben reservar chamando ao Museo do Mar no número 986247750, xa que o aforo é de 80 prazas.


Xunta de Galicia

Museo do Mar de Galicia

Avenida Atlántida 160. 36208 Vigo.
T 986247750
F 986247748
Contacto | Traballa con nós | Amigos do Museo do Mar