• gl

O teu planeta necesítate


Día mundial do Medio Ambiente no Museo do Mar de Galicia

Como remate final dunha semana de obradoiros dedicados ao Día Mundial do Medio Ambiente, o Museo do Mar de Galicia oferta novamente este fin de semana obradoiros científicos nos que poderán participar todos os rapaces maiores de 10 anos. Para poder participar hai que facer a reserva chamando ao teléfono 986 247 750 ata cubrir o aforo de 20 rapaces por quenda.

Descargar unidades didácticas

Como remate final dunha semana de obradoiros dedicados ao Día Mundial do Medio Ambiente, o Museo do Mar de Galicia oferta novamente este fin de semana obradoiros científicos nos que poderán participar todos os rapaces maiores de 10 anos. A través de diferentes actividades, os rapaces descubrirán como se obtén a enerxía e como facer un uso responsable da mesma, xa que este ano a UNEP (Programa sobre Medio Ambiente das Nacións Unidas) elexiu como lema O teu Planeta NecesitaTe- UNidos contra o cambio climático.

Os fundamentos físicos da xeneración de enerxía e o vínculo que existe entre este proceso a gran escala e a emisión de CO 2 á atmósfera son ous dous eixes temáticos dos obradoiros. As experiencias van dende sinxelas demostracións da indución de corrente eléctrica ata a evidencia física da dificultade de producir enerxía eléctrica empregando unha bicicleta estática reconvertida a xenerador de corrente continua. Unha maqueta a escala dunha máquina de vapor en funcionamento e experiencias con enerxías renovables como as pilas de combustible ou a enerxía solar fotovoltaica completan as experiencias do obradoiro.

Os obradoiros faranse en dúas quendas en horario de mañán (de 11h a 13h) e de tarde (de 17h a 19h) e estarán abertos para idades superiores aos 10 anos.

Para poder participar hai que facer a reserva chamando ao teléfono 986 247 750 ata cubrir o aforo de 20 rapaces por quenda.


Xunta de Galicia

Museo do Mar de Galicia

Avenida Atlántida 160. 36208 Vigo.
T 986247750
F 986247748
Contacto | Traballa con nós | Amigos do Museo do Mar