Miraxes na beiramar


Miraxes na beiramar

Ven ao Museo do Mar de Galicia os venres e sabados deste verán ás 23:00 a ver clásicos do cine de temática marítima.

O edificio da exposición permanente do Museo do Mar de Galicia acubilla unha gran pantalla de cine que fará as delicias das fins de semana deste verano en Vigo. Os venres e sábado ás 23:00, a maxia do cine, os fotogramas de 35 mm, cadenciosos, marcando ciclos de 24 encadres por segundo, conformaran miraxes reflectidas nas ondas do mar. O alicerce da programación estival do Museo do Mar de Galicia xunto cos obradoiros de verán que inclúen un observatorio de astronomía.

  • Onde? Praia do Cocho, proxectando dende a praia sobre o paramento lateral do Museo do Mar de Galicia
  • Que días? 24-25-31 de xullo. 1-7-8-14-15 de Agosto
  • Qué hora? 23:00
  • Qué platea? A area da praia. Compre vir cunha toalla e/ou cadeira

Xunta de Galicia

Museo do Mar de Galicia

Avenida Atlántida 160. 36208 Vigo.
T 986247750
F 986247748
Contacto | Traballa con nós | Amigos do Museo do Mar