• gl
Cesar Lombera Miguel Pereira Nuria Guardiola Rebeca Ponte

Nuria Guardiola


Inauguración de Marxinal

O Museo do Mar de Galicia trae a escena a obra de catro artistas galegos que teñen como leit-motiv o patrimonio marítimo. Galicia, co seus de 1000 km de costa, posúe espazos únicos que propician reflexións inéditas: o rostro a salvagardar do saber facer tradicional visto polos artistas contemporáneos.

Mar

Extensión de auga salgada.

Marxe

Beira, límite do mar coa costa.

Marxinal

Secundario, que está separado do que é maioritario.

As propostas artísticas contemporáneas reflicten con intensidade os usos e abusos que o home está a facer nas costas. Puntos de reflexión e aviso sobre o consumismo, do éxito rápido, da visión a curto prazo, arrogante, desprezando o coñecemento adquirido en favor dun capitalismo cognitivo sen fronteiras que propón solucións globais e estandarizadas para aumentar o beneficio sen contar cos factores sociais ou medioambientais.

Non obstante, hai interaccións home-mar onde existe harmonía, unha simbiose que propicia paisaxes habitadas totalmente integradas, afastadas de intervencións agresivas. Un rico patrimonio tanxíbel e intanxíbel, apenas explorado e cunha pobre representación nas propostas artísticas contemporáneas.

O Museo do Mar de Galicia trae a escena a obra de catro artistas galegos que teñen como leit-motiv o patrimonio marítimo. Galicia, co seus de 1000 km de costa, posúe espazos únicos que propician reflexións inéditas: o rostro a salvagardar do saber facer tradicional visto polos artistas contemporáneos.

Descargar PDF


Xunta de Galicia

Museo do Mar de Galicia

Avenida Atlántida 160. 36208 Vigo.
T 986247750
F 986247748
Contacto | Traballa con nós | Amigos do Museo do Mar