Mañá martes 10 de febreiro as 19:30, na sala de exposición permanente do Museo do Mar de Galicia terá lugar o acto de inauguración da exposición “As embarcacións tradicionais do Arco Ártabro ata ría do Eo”.
O acto contará ca presenza de Enrique Freire Hermida e Bernardo Máiz Vázquez, responsables do proxecto premiado ao abeiro do Premio Didáctico Antonio Fraguas organizado polo Museo do Pobo Galego, e desenvolto polos alumnos do IES Concepción Arenal de Ferrol.
Avenida Atlántida 160. 36208 Vigo.
T 986247750
F 986247748
Contacto | Traballa con nós | Amigos do Museo do Mar