Festa Fin de Verán

O día 28 de agosto de 20 a 21:30h o Museo do Mar celebra a fin dos obradoiros de verán cunha festa na que haberá espectáculos dirixidos a todos os públicos. Contaremos coas actuacións de Bea Campos (contacontos) e Pablo Trasno (artista circense).

Beatriz Campos

Actriz. Realiza sesións de contacontos e obradoiros en Galiza, Asturias e Cantabria en colaboración con Kalandraka Ediccións. Participou no “Salón do libro iberoamericano de Gijón”, para a TVG, e no Festival de Teatro de Santiago 2006.

Participa como actriz de reparto no filme “Lena” de Gonzalo Tapias, e en “Pelo gato 24 – cantigas e xogos para nenos” Na actualidade cursa estudos na escola Superior de Arte Dramática de Vigo.

Pablo Reboleiro

É malabarista, acróbata, actor e clown. Licenciado en Matemáticas. Estudou na Escola de Teatro e Danza Espacio Aberto de Compostela, licenciouse en Circo na escola CIRCUS SPACE de Londres, e pasou un ano na “Escuela de Circo Criollo de Buenos Aires”.

Fundador das compañías Malabaranda e Three Two Board. Traballou coas compañías Gandini Juggling Project, Bosi e Chipolatas, no espectáculo Tentacular co grupo Chévere, ademais de ofrecer espectáculos propios en solitario en España, Gran Bretaña, Francia, Brasil, Rusia ou India.


Xunta de Galicia

Museo do Mar de Galicia

Avenida Atlántida 160. 36208 Vigo.
T 986247750
F 986247748
Contacto | Traballa con nós | Amigos do Museo do Mar