As actuacións que se desenvolverán no Museo do Mar entre o 17 e o 21 de novembro consisten nunha visita guiada á exposición Mulleres científicas, seguida da participación no obradoiro Eu tamén quero ser…
O catálogo da exposición, coa que se pretende a visibilización dalgunhas mulleres galegas destacadas neste campo e a dotación de referentes femininos, está dispoñíbel na área de igualdade da biblioteca da páxina web.
O obradoiro está deseñado para amosar ao alumnado de entre 14 e 16 anos como inflúe a discriminación por razón de xénero nas súas expectativas profesionais. Mediante unha metodoloxía participativa que parte da concepción “investigación-acción” tentaranse conseguir os seguintes obxectivos:
Avenida Atlántida 160. 36208 Vigo.
T 986247750
F 986247748
Contacto | Traballa con nós | Amigos do Museo do Mar