Desde o luns día 16 pódense visitar na Guarda a exposición O Mar Mirado e en Cambados a exposición Do Areal ao Peirao nos propios pósitos de pescadores. Asemade, para o martes día 17 tamén comezará as súas singraduras a exposición Con Pés no Mar no pósito de Malpica de Bergantiños.
Unha viaxe que levará estas exposicións por 24 concellos costeiros ao longo diste ano 2009. En total, 72 itinerancias que acomete o Museo do Mar de Galicia como segunda fase do proxecto A Memoria do Mar patrocinado pola Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos e desenvolto en colaboración coa Federación Galega de Confrarías de Pescadores.
Cada exposición recalará dúas semanas en cadansúa vila .
Avenida Atlántida 160. 36208 Vigo.
T 986247750
F 986247748
Contacto | Traballa con nós | Amigos do Museo do Mar