• gl

O Mar, 1º Concurso de proxectos de creación fotográfica


1º Concurso de Proxectos de Creación Fotográfica: O Mar

O Museo do Mar convoca, en colaboración co Centro de Estudos Fotográficos, o Iº Concurso de Proxectos de Creación Fotográfica: O Mar. O obxectivo deste concurso é ofrecer a posibilidade de elaborar e realizar un proxecto fotográfico propio aos novos autores relativo ao mar galego en calquera das súas circunstancias.

Bases (PDF)

  1. Poderán participar os mozos e mozas nacidos ou residentes en Galiza menores de trinta e cinco anos.
  2. Ao autor do proxecto elexido otorgaránselle nunha bolsa cunha dotación de 3.000 euros para a realización dun traballo fotográfico relacionado co Mar de Galiza en calquera das súas circunstancias
  3. Os candidatos ao premio presentarán unha memoria detallada cunha extensión máxima de 5 folios onde se especificarán os obxectivos teóricos e a metodoloxía do traballo a desenvolver. Así mesmo, presentarase un resumo do proxecto de 15 líneas. Estes dous documentos presentaranse por duplicado.
  4. Presentarase tamén documentación gráfica do aspirante. Esta consistirá nun mínimo de 5 fotografías representativas do que puidera ser o traballo final para que a comisión avaliadora poida xuzgar as posibilidades prácticas do proxecto. Estas imaxes poderían non formar parte do traballo final.
  5. Adxuntarase tamén un curriculum vitae cos datos do aspirante, domicilio, teléfono, e-mail e fotocopia do carnet de identidade.
  6. De sé lo caso, deberanse presentar tamén reproducións doutras imaxes realizadas previamente pertencentes a traballos ou proxectos anteriores.
  7. O proxecto deberá ser inédito, non podendo polo tanto estar publicado nin exposto previamente.
  8. O proxecto seleccionado non poderá publicarse nin exporse antes da súa presentación e exposición por parte do Museo do Mar. Durante un período dun ano posterior á presentación da exposición, o Museo do Mar poderá ofertar a itinerancia da mesma, o que implica que non poderá o autor incluilo en ningunha outra exposición durante ese período.
  9. O número de imaxes deste proxecto será dun mínimo de 30 .En caso de que polas súas dimensións ou por outras características particulares o número fora menor, terá que xustificarse axeitadamente.
  10. O Museo do Mar organizará unha exposición co proxecto seleccionado que será coordenada polo Centro de Estudos Fotográficos. Unha vez expostas, as fotografías pasarán a formar parte da Colección Fotográfica do Museo do Mar, que tamén poderá publicalas nas súas revistas, publicacións, etc.
  11. Os gastos de tiraxe de copias e montaxe da exposición correrán por conta do Museo do Mar, debéndose xustificar debidamente, e non podendo nunca superar a cantidade de 6.000 €.
  12. A documentación para a participación entregarase nas oficinas Museo do Mar de Vigo (Av. Atlántica, 160 36208 VIGO)con data límite do 20 de abril de 2009.
  13. O Museo do Mar, en colaboración co Centro de Estudos Fotográficos, publicará un libro que funcionará como catálogo da mostra, dentro da colección Do Trinque.
  14. O bolseiro comprométese a facer constar en futuras exposición e publicacións que o traballo foi realizado como consecuencia do 1º Proxecto de Creación Fotográfica: O Mar realizado polo Museo do Mar de Galicia.
  15. A decisión da comisión avaliadora é inapelábel podendo quedar deserto o Premio por considerar que os traballos non atinxen unha calidade mínima para ser premiados. O feito de presentarse ao concurso leva implícito a aceptación das súas bases.
  16. Farase público o resultado do concurso o 18 maio do 2009, día internacional dos museos.
  17. O proxecto entregarase totalmente realizado con data límite do 1 de novembro de 2009.
  18. Os proxectos non premiados poderanse retirar no Museo do Mar (Av. Atlántica, 160 36208 VIGO) a partir do día seguinte de facerse público o fallo da Comisión Avaliadora.
  19. A Comisión Organizadora fará un seguimento periódico do traballo que está a realizar o bolseiro. O bolseiro comprométese a presentar periodicamente o estado no que se atope o seu traballo á persoa que a Comisión designe para facelo.
  20. O Museo do Mar non se fará responsable das perdas ou danos ocasionados perante o envío.
  21. A Comisión Avaliadora dos proxectos estará formada por persoas vinculadas ao mundo da fotografía e ao mundo do mar.

Xunta de Galicia

Museo do Mar de Galicia

Avenida Atlántida 160. 36208 Vigo.
T 986247750
F 986247748
Contacto | Traballa con nós | Amigos do Museo do Mar