EXPEDIENTE: SER/09/0048
ASUNTO: Asistencia técnica para a xestión das itinerancias das exposicións da Memoria do Mar.
Con data 18 de xuño o Órgano de Contratación da Fundación Museo do Mar de Galicia resolveu adxudicar provisionalmente o contrato para xestión das itinerancias das exposicións da Memoria do Mar a favor da empresa empresa PRODUCCIONS E XESTION CULTURAL, S.L..
Dende a publicación o día 18 de xuño no perfil do contratante da Resolución da adxudicación provisional, deuse un prazo de tres días hábiles establecido no punto 60 das Instruccións de Contratación da Fundación Museo do Mar de Galicia, para presentar a documentación correspondente e poder efectuar a elevación a definitiva.
Unha vez comprobada a presentación da devandita documentación en tempo e forma, o Órgano de contratación da Fundación e en cumprimento do disposto no punto 60 das Instruccións de Contratación da Fundación
RESOLVE:
O contrato deberá formalizarse dentro do prazo máximo de 10 dias contados a partir do seguinte ao da notificación da adxudicación, previo cumprimento das obrigas previas establecidas nos Pregos de Clausulas Administrativas e prescicións tecnicas, e elevaráse a escritura pública cando o solicite o contratista, sendo á súa costa os gastos derivados do seu outurgamento.
A presente resolución será notificada ao adxudicatario definitivo e aos licitadores. Asimesmo, ordénase a publicación desta resolución no perfil do contratante, de acordo co regulado no punto 62 das Instruccions de contratación da Fundación Museo do Mar de Galicia.
Vigo, a 24 de xuño de 2009
Pablo Carrera Lopez
Director
Museo do Mar de Galicia.
Avenida Atlántida 160. 36208 Vigo.
T 986247750
F 986247748
contacto