Que son os amigos


A Asociación de Amigos do Museo de Mar de Galicia é unha entidade sen ánimo de lucro que ten como fin achegar a sociedade ao Museo e facela partícipe da vida do mesmo. Os obxectivos son promover, estimular e apoiar cantas accións culturais, nos termos máis amplos, teñan relación coa misión e actividade do Museo así como contribuír ao enriquecemento e divulgación do mesmo e das súas coleccións.




Museo do Mar de Galicia.