Resolución de adxudicación provisional do concurso público para a contratación, por procedemento aberto, do Gabinete de Difusión e Atención ao Público do Museo do Mar de Galicia


EXPTE SER/10/37

O órgano de contratación da Fundación Museo do Mar de Galicia, dacordo co establecido nas Instruccións Internas de Contratación aprobadas polo Padroado de 26 de xuño de 2008, vistas as ofertas presentadas a licitación e o informe de valoración de ofertas,

RESOLVEU

  1. Adxudicar provisionalmente o citado contrato á empresa VAN DIVULGACIÓN CULTURAL S.L., con CIF B-36.917.201 por un importe de CINCOCENTOS NOVENTA E DOUS MIL EUROS (592.000,00 euros) que co IVE correspondente ascende a un total de SEISCENTOS NOVENTA E OITO MIL CINCOCENTOS SESENTA EUROS (698.560,00 euros), IVE incluído.
  2. Establecer como prazo máximo de execución do contrato DOUS ANOS.
  3. Ordenar a publicación no perfil do contratante.

Vigo, a 2 de xullo de 2010

O Director

Pablo Carrera López




Museo do Mar de Galicia.