Resolución de adxudicación definitiva do contrato de subministración de mobiliario e adecuación de espazos para o Gabinete Científico do Museo do Mar de Galicia


EXPTE SUM/10/06

Con data 22 de marzo de 2010 o Órgano de Contratación da Fundación Museo do Mar de Galicia resolveu adxudicar provisionalmente o contrato para o subministro de mobiliario e adecuación de espazos para o gabinete científico do Museo do Mar de Galicia a favor da empresa PRODUCCION E XESTIÓN CULTURAL S.L.

Dende a publicación o día 22 de marzo no perfil do contratante da Resolución da adxudicación provisional, deuse un prazo de tres días hábiles establecido no punto 60 das Instruccións de Contratación da Fundación Museo do Mar de Galicia, para presentar a documentación correspondente e poder efectuar a elevación a definitiva.

Unha vez comprobada a presentación da devandita documentación en tempo e forma, o Órgano de contratación da Fundación e en cumprimento do disposto no punto 60 das Instruccións de Contratación da Fundación

RESOLVO:

  1. Elevar a definitiva a adxudicación do citado contrato a favor da empresa PRODUCCIÓN E XESTIÓN CULTURAL S.L., con CIF B-36743755 e por un importe de SESENTA E CATRO MIL CINCONCENTOS EUROS (64.500,00 euros) que co IVE correspondente ascende a un total de SETENTA E CATRO MIL OITOCENTOS VINTE EUROS (74.820,00 euros), IVE incluido.
  2. Establecer como prazo máximo de execución do contrato o 7 de maio de 2010.

O contrato deberá formalizarse dentro do prazo máximo de 10 dias contados a partir do seguinte ao da notificación da adxudicación, previo cumprimento das obrigas previas establecidas nos Pregos de Clausulas Administrativas e prescicións tecnicas, e elevaráse a escritura pública cando o solicite o contratista, sendo á súa costa os gastos derivados do seu outurgamento.

A presente resolución será notificada ao adxudicatario definitivo e aos licitadores. Asimesmo, ordénase a publicación desta resolución no perfil do contratante, de acordo co regulado no punto 62 das Instruccions de contratación da Fundación Museo do Mar de Galicia.

Vigo, a 6 de abril de 2010

Pablo Carrera López
Director




Museo do Mar de Galicia.