Resolución de adxudicación definitiva do contrato de servizo de visitas didácticas ao Salinae - Centro Arqueolóxico do Areal


EXPTE SER/10/27

RESOLUCIÓN DE ADXUDICACIÓN DEFINITIVA DO CONTRATO DE SERVIZO DE VISITAS DIDÁCTICAS AO SALINAE-CENTRO ARQUEOLÓXICO DO AREAL.

Con data 22 de marzo de 2010 o Órgano de Contratación da Fundación Museo do Mar de Galicia resolveu adxudicar provisionalmente o contrato para o servizo de visitas didáctias ao Salinae-Centro Arqueolóxico do Areal a favor da empresa VAN DIVULGACIÓN CULTURAL S..L.

Dende a publicación o día 24 de marzo no perfil do contratante da Resolución da adxudicación provisional, deuse un prazo de tres días hábiles establecido no punto 60 das Instruccións de Contratación da Fundación Museo do Mar de Galicia, para presentar a documentación correspondente e poder efectuar a elevación a definitiva.

Unha vez comprobada a presentación da devandita documentación en tempo e forma, o Órgano de contratación da Fundación e en cumprimento do disposto no punto 60 das Instruccións de Contratación da Fundación

RESOLVO:

  1. Elevar a definitiva a adxudicación do citado contrato a favor da empresa VAN DIVULGACIÓN CULTURAL S.L., con CIF B-36917201 e por un importe de VINTE MIL TRESCENTOS TRINTA EUROS (20.330,00 euros) que co IVE correspondente ascende a un total de VINTE TRES MIL CINCOCENTOS OITENTA E DOUS EUROS CON OITENTA CENTIMOS (23.582,80 euros), IVE incluido.
  2. Establecer como prazo máximo de execución do contrato o de CINCO MESES.

O contrato deberá formalizarse dentro do prazo máximo de 10 dias contados a partir do seguinte ao da notificación da adxudicación, previo cumprimento das obrigas previas establecidas nos Pregos de Clausulas Administrativas e prescicións tecnicas, e elevaráse a escritura pública cando o solicite o contratista, sendo á súa costa os gastos derivados do seu outurgamento.

A presente resolución será notificada ao adxudicatario definitivo e aos licitadores. Asimesmo, ordénase a publicación desta resolución no perfil do contratante, de acordo co regulado no punto 62 das Instruccions de contratación da Fundación Museo do Mar de Galicia.

Vigo, a 31 de marzo de 2010

Pablo Carrera López
Director




Museo do Mar de Galicia.