Oceanografía fisica e quimica

Imos agora ao mundo das propiedades físicas e químicas deste grandioso depósito de auga que é o mar. Tentarase comprender cales son as forzas que actúan sobre el para mantelo en permanente movemento, como ese movemento se plasma en ondas, mareas e correntes mariñas, tanto nas capas superficiais como nas máis profundas.

Para a maioría de nós son pouco coñecidas as propiedade físicas e químicas do mar, aínda que ocupa o 70% da superficie do noso planeta. É un inmenso volume de auga salgada de 360 millón de quilómetros cadrados de superficie e 3.700 metros de profundidade media. Salinidade, temperatura e presión determinan a densidade do auga do mar, sendo a diferencia desta densidade das augas o que provoca a circulación oceánica.

¿Cales son as causas que manteñen o mar en continuo movemento? As ondas son xeradas polo vento e as mareas pola atracción gravitatoria exercida pola lúa e o sol. Outro movemento do mar son as correntes mariñas que poden ser de orixe diverso. O sol quenta a auga nas zonas tropicais, que se moverá por convección cara as zonas polares onde arrefría, afúndese e esvara de novo cara as zonas tropicais; esta corrente provocada polas diferencias de temperatura e salinidade denomínase circulación termohalina; a circulación oceánica a grande escala é como unha gran fita transportadora de auga que tarda un milenio en completarse; o cambio climático, ao quentar as augas, pode retardar a velocidade desta corrente e aínda colapsala.


Xunta de Galicia

Museo do Mar de Galicia

Avenida Atlántida 160. 36208 Vigo.
T 986247750
F 986247748
Contacto | Traballa con nós | Amigos do Museo do Mar