Oceanografía bioloxica

O ecosistema é o conxunto formado por todas as especies que ocupan un hábitat determinado xunto co ambiente físico en que estas desenvolven a súa actividade. O funcionamento dos ecosistemas depende das propiedades do ambiente e das características biolóxicas das especies que o constitúen.

O ambiente betónico é o que se estabelece sobre os fondos mariños. As diferenzas de profundidade, o tipo de substrato xeolóxico e o grao de exposición ás ondas crean un alto rango de condicións ambientais segundo a súa combinación e constitúen o marco onde se desenvolve unha elevada diversidade de especies. Os ecosistemas betónicos máis vulnerábeis á actividade humana son aqueles das zonas permanentemente emerxidas ou temporalmente por mor das mareas.

O ambiente peláxico refírese ao volume de auga comprendido entre o fondo mariño e a superficie do mar, distinguíndose unha serie de rexións segundo a profundidade á que se achan; a máis superficial, a epipeláxica, a única á que chega a radiación solar, habitan os organismos que realizan a fotosíntese, canto maior é a profundidade, menor é a súa temperatura e luz; as especies que a habitan poden ser planctónicas, que viven en suspensión, e nectónicas, que se desprazan, estes son os peixes.

Cada especie mariña ten a súa misión no seu ecosistema, é o nivel trófico. Os produtores primarios, ou primeiro nivel trófico, son os capaces de realizar o proceso de fotosíntese; estes son consumidos por especies de herbívoros ou produtores secundarios que á súa vez lle serven de alimento aos carnívoros. Ademais, en todo ecosistema aparecen especies coa misión de descompoñer os cadáveres doutros organismos, os detrívoros, xeralmente microorganismos. No océano atópanse numerosos tipos de redes tróficas que se configuran en función das características físicas do ecosistema. No panel poderás organizar as pezas de xeito que consigas crear en cada caso a cadea trófica correcta.


Xunta de Galicia

Museo do Mar de Galicia

Avenida Atlántida 160. 36208 Vigo.
T 986247750
F 986247748
Contacto | Traballa con nós | Amigos do Museo do Mar