A Pesca no século XXI

Os principios do desenvolvemento sostible deben rexer a industria da pesca no globalizado mundo do século XXI, e a conservación dos ecosistemas mariños é o principal reto.

A globalización afecta ao mercado do peixe fresco dando paso a novas formas de comercialización: ábrese paso o comercio electrónico a través de internet e ao transporte por avión, que rompe as fronteiras e os tempos do anterior século que tanto afectaban aos productos perecedoiros. Hoxe en día os procesos de venta e os centros loxísticos non teñen por que estar no mesmo lugar e aínda nun porto; o aeroporto de Vitoria-Gasteiz ou Mercamadrid poderían ser os portos de pesca máis grandes de España a pesares de non ter mar.

A elaboración de productos derivados do mar é o grande reto da industria transformadora neste século. España é líder europeo na industria de transformación do peixe, cun 20% do valor total xerado, e Galicia está á cabeza no sector, creando a metade do emprego e da facturación nacional. O valor dos productos derivados na Unión Europea duplica aos dos desembarques e aos da acuicultura. O sector pesqueiro no só se nutre da captura de individuos salvaxes, senón que tamén de peixes e mariscos de granxa ou de acuicultura.

Como xa vimos, a acuicultura extensiva está solidamente implantada en Galicia, máis de 3.350 bateas e 1.100 viveiros, na súa maior parte de mexillón e ameixa. A cría intensiva céntrase na producción de rodaballo; en Galicia prodúcese a metade do que se cultiva no mundo. Salmó, linguado, dourada, robaliza, ollomol e mesmo polbo son outras das especies cultivadas.


Xunta de Galicia

Museo do Mar de Galicia

Avenida Atlántida 160. 36208 Vigo.
T 986247750
F 986247748
Contacto | Traballa con nós | Amigos do Museo do Mar