Con Ollos de Peixe

Xa rematamos a viaxe polos traballos do mar, coñecemos as súas xentes e a historia da pesca en Galicia. Agora toca mergullarnos no soto do edificio onde o visitante terá a sensación de estar dentro da auga, e somerxido nun arrecife de paneis e expositores, e comprender os principais ecosistemas mariños e as causas que condicionan o crecemento das poboacións de peixes e mariscos.

Nunha pequena sala anexa pódese ver o documental titulado Un mar de madeira, sobre o oficio de carpinteiro de ribeira. Arroupando a sala principal proxéctanse, en breves documentais de vídeo, os diferentes métodos de captura exercidos polas flotas artesáns, litoral e de altura: o cerco, o trasmallo, o xeito, o arrastre, o corricán, o palangre, as nasas, o femieiro, o endexo e a vara.


Xunta de Galicia

Museo do Mar de Galicia

Avenida Atlántida 160. 36208 Vigo.
T 986247750
F 986247748
Contacto | Traballa con nós | Amigos do Museo do Mar