O ecosistema é o conxunto formado por todas as especies que ocupan un hábitat determinado xunto co ambiente físico en que estas desenvolven a súa actividade. O funcionamento dos ecosistemas depende das propiedades do ambiente e das características biolóxicas das especies que o constitúen.
Unha das principais ferramentas para o estudio do mar é o buque de investigación mariña. O tamaño deste tipo de buques oscila entre os 50 e 80 metros de eslora e pode acoller de 15 a 25 científicos. Nos máis grandes pódense desenvolver traballos multidisciplinares de oceanografía física, química, biolóxica ou xeolóxica. Os buques máis modernos dispoñen de sensores e sondas que permiten o rexistro continuo de múltiples variantes metereolóxicas e oceanográficas ou a localización de bancos de peixes. Hoxe en día tamén teñen acceso á información achegada por satélite, o que facilita o recoñecemento da zona estudiada. Nos monitores desta sección pódese apreciar a diferente tecnoloxía que se utiliza en investigacións mariñas.
Galicia goza de certa tradición en investigación mariña. Xa en 1917 créase en Vigo o Instituto Español de Oceanografía (IEO) e o Instituto de Investigacións Mariñas do CSIC en 1951. En canto á formación, nace en 1965 o Instituto Politécnico Marítimo-Pesquero do Atlántico e dende 1991 a Universidade de Vigo conta ca Licenciatura en Ciencias do Mar. A Xunta de Galicia promoveu a creación de varios centros de investigación, control, servicios e formación repartidos pola costa de Galicia. Existen tamén, nas tres universidades galegas, institutos e grupos de investigación orientados ao estudio do medio mariño. No 2002 nace o Centro Tecnolóxico do Mar (CETMAR), con fin de fomentar a coordinación e integración dos recursos dispoñibles no I+D e a súa transferencia ás empresas.
Avenida Atlántida 160. 36208 Vigo.
T 986247750
F 986247748
Facebook | Twitter | Contacto | Traballa con nós | Amigos do Museo do Mar