Oceanografía fisica e quimica

Imos agora ao mundo das propiedades físicas e químicas deste grandioso depósito de auga que é o mar. Tentarase comprender cales son as forzas que actúan sobre el para mantelo en permanente movemento, como ese movemento se plasma en ondas, mareas e correntes mariñas, tanto nas capas superficiais como nas máis profundas.

p>O vento tamén pode influír nas correntes, de feito amorea e arrastra grandes cantidades de auga xerando as correntes superficiais. Outros tres factores interveñen na xeración das correntes: a fricción entre as capas sucesivas de auga, a gravidade e rotación terrestre. O Atlántico Norte é o océano máis estudiado polos oceanógrafos. O vento é o responsable das correntes que hai nel, dende a superficie ata os mil metros de profundidade.

Destaca entre as correntes superficiais, pola súa influencia no clima e na producción pesqueira, a intensa e cálida corrente do Golfo.

Hoxe en día empréganse modernas técnicas para medir a velocidade das correntes, como os equipos acústicos que a miden polo efecto Doppler ou o seguimento de boias por satélite. Nos expositores podemos ver o Correntímetro de Ekman utilizado dende 1903.

O fitoplancto é o principal responsable da fotosíntese ou producción primaria no mar, para que poida proliferar necesita radiación solar e sales nutrientes. A luz solar só penetra nos primeiros metros da columna de auga, é a chamada zona fótica, cunha temperatura maior que augas máis profundas. Polo tanto, a producción primaria no mar só será elevada naquelas zonas onde concorran unha intensa radiación solar cunha achega de sales nutrientes, especialmente sales de nitróxeno. As condicións óptimas para o crecemento do fitoplancto en mares temperados danse en primavera, cando luz e nutrientes concorren en augas superficiais.

O afloramento é o fenómeno de elevación das augas profundas, propio da costa oriental dos océanos, o Cinto Ecuatorial e o Océano Antártico. Galicia é unha zona de afloramento costeiro, o vento do norte arrastra as augas superficiais ao océano e fai que se eleve auga fría na costa, mais rica en nutrientes, por eso Galicia é unha zona de gran fertilidade, sobre todo na primavera e no verán.


Xunta de Galicia

Museo do Mar de Galicia

Avenida Atlántida 160. 36208 Vigo.
T 986247750
F 986247748
Facebook | Twitter | Contacto | Traballa con nós | Amigos do Museo do Mar