25 anos de cultura feminista


Feministas Independentes Galegas (FIGA) celebran os 25 anos de Cultura Feminista cun acto o día 5 de febreiro, ás 20 h, no Museo do Mar.

Intervirán Marga Romero, Mónica Bar, Carlos Bernández, Marga R. Marcuño, Ramón Nicolás, María Xosé Queizán e Iolanda Veloso, concelleira de Igualdade do Concello de Vigo.

Ónfalo Teatro presentará un sketch do seu espectáculo Neuras, coas actrices Laura Cuervo e Noemi Rodríguez. Cristal Méndez Queizán interpretará diversas cancións do seu repertorio.

O convivo rematará cun ágape.




Museo do Mar de Galicia.