Grandes cubos iluminados que suxiren contedores de mercadorías portuarias conforman a exposición permanente, na que podemos ver documentos de vídeo e audio, pantallas interactivas e obxectos orixinais relacionados coa historia da pesca. Pero o Museo do Mar non só é a colección permanente: explora tamén as exposicións temporais.
O Museo do Mar de Galicia, como institución que investiga e divulga, está a traballar en ambiciosos proxectos en colaboración con outros organismos como A memoria do mar, o proxecto Neuston ou o encontro de embarcacións tradicionais de Galicia.
As rías galegas son un dos lugares coas mellores características para o cultivo do mexilón en batea. Ademais deste bivalvo, as ameixas, croques, ostras, vieiras… tamén son cultivados nas nosas rías. Neste obradoiro falaremos da cría destas especies e descubriremos porque as nosas rías son excepcionales para esta actividade.
Data: 29 de xaneiro
Horario: de 17:00h. a 18:30h.
A idade mínima para participar nesta actividades é de 6anos
Na páxina web iremos actualizando as datas dos próximos obradoiros
Tarifa obradoiros: 1,5 €
Tarifa especial A Babor Club: 0,5 €
Que son as bateas? Como medran os mexilóns? Que máis moluscos criamos nas nosas rías? Se queredes aprender como traballan os científicos que se ocupan de todo isto, vinde ao Museo do Mar de Galicia este sábado.
Data: 28 de xaneiro
Horario: de 12:00h. a 13:30h.
A idade mínima para participar nesta actividades é de 6 anos
Na páxina web iremos actualizando as datas dos próximos obradoiros
Tarifa obradoiros : 1,5 €
Tarifa especial A Babor Club: 0,5 €
¿Que especies de peixes se cultivan en Galicia?, ¿cales son os métodos que existen para levar a cabo este labor?, ¿como é de importante o labor dos investigadores do mar nesta actividade? e ¿que factores se teñen que ter en conta para o seu desenvolvemento?, son algunhas das preguntas ás que trataremos de dar resposta neste
obradoiro para familias ao que vos convidamos a participar.
Data: 22 de xaneiro
Horario: de 17:00h. a 18:30h.
A idade mínima para participar nesta actividades é de 6anos
Na páxina web iremos actualizando as datas dos próximos obradoiros
Tarifa obradoiros: 1,5 €
Tarifa especial A Babor Club: 0,5 €
Desde o Departamento Pedagóxico do Museo do Mar de Galicia, retomamos a
programación de Obradoiros de Fin de Semana para o público infantil e familiar coa serie A ciencia de cultivar do mar. Durante as 4 próximas fins de semana abordarase o que posiblemente sexa un dos temas que mais relevancia están a tomar no panorama do
aproveitamento sostible dos recursos mariños, a acuicultura. Falaremos do cultivo de moluscos, do marisqueo, así como do cultivo de peixes en Galicia.
Selección de 85 fotografías temáticas sobre a costa galega (maioritariamente de Vigo e Bouzas) do Arquivo Pacheco feitas entre 1895 e 1960. Asemade inclúe dúas fotografías de Filippo Prosperi. Comisario: Vítor Vaqueiro.
Do 24 de xuño ao 31 de decembro
Avenida Atlántida 160. 36208 Vigo.
T 986247750
F 986247748
Facebook | Twitter | Contacto | Traballa con nós | Amigos do Museo do Mar