O acuario do Museo do Mar de Galicia segue centrando as actividades das mañás do sábado para nenos e nenas. Esta vez aprenderemos como a forma dos animais mariños inflúe no seu xeito de vida . Descubriremos cousas tan curiosas como cales son os mellores nadadores e cales sobreviven na auga sen saber nadar ou cales pasan toda a súa vida no mesmo sitio completamente inmóbeis.
Este obradoiro durará dúas sesións, o 14 e o 28 de abril
Horario: de 12:00h. a 13:30h.
Inscrición:ESTA ACTIVIDADE ESTÁ COMPLETA
Para inscribirse haberá que encher o formulario en museodomar.xunta.es ou chamar ao teléfono 986247691
A idade mínima para participar nestas actividades é de 5 anos
Tarifa obradoiros : 1,5 € por persoa e día
Tarifa especial A Babor Club: 0,5 € por persoa e día
Museo do Mar de Galicia.
Avenida Atlántida 160. 36208 Vigo.
T 986247750
F 986247748
contacto