O Museo do Mar de Galicia organiza unha serie especial de obradoiros para celebrar a reapertura do acuario, centrándonos nas primeira sesións na alimentación dos animais mariños.
De que se alimentan os peixes? E os moluscos e crustáceos? Estas serán algunhas das preguntas que responderemos durante os obradoiros dos próximos sábados, nos que aprenderemos, xogaremos e por suposto visitaremos aos animais do acuario.
Datas: este obradoiro durará dúas sesións, o 10 e o 17 de marzo
Horario: de 12:00h. a 13:30h.
A idade mínima para participar nestas actividades é de 5 anos
Tarifa obradoiros : 1,5 € por persoa e día
Tarifa especial A Babor Club: 0,5 € por persoa e día
Museo do Mar de Galicia.
Avenida Atlántida 160. 36208 Vigo.
T 986247750
F 986247748
contacto